Comprometidos coas persoas
Estamos preto de ti
Tecnoloxía ao teu servizo
¿Que che ofrecemos?
Realizamos a asistencia sanitaria completa: diagnóstico, baixa médica, rehabilitación e seguimento, ata a recuperación do paciente.
Cubrimos os custes sanitarios (hospitalización, cirurxía…), con medios propios e concertados, e os gastos de farmacia e desprazamento, ocasionados polo accidente.
Cando un traballador da túa empresa está de baixa por enfermidade común ou accidente non laboral, ocupámonos da prestación económica de incapacidade temporal por continxencias comúns e do seguimento do proceso médico.
Informamos, sensibilizamos e asesoramos en prevención. Innovamos a través da investigación continua.
Coñece máis sobre os nosos servizos en prevención de riscos
Outras prestacións
Cubrimos o 100% da base reguladora da redución da xornada* dos teus traballadores, para coidar a un menor ao seu cargo con cancro ou enfermidade grave
*redución superior 50%
Se as condicións laborais poden prexudicar a gravidez ou o período de lactación das túas traballadoras, cubrimos o 100% da base reguladora.
En casos de necesidade especial de traballadores accidentados, dispoñemos de axudas económicas e servizos de atención para o lesionado e a súa familia.
Durante 2018 atendemos 5.440 solicitudes, ás que destinamos 12,82 millóns de euros.
Para máis información, consulta o noso apartado de acción social
Sempre contigo
¿Ti ou algún dos teus traballadores precisa axuda?
Urxencias 24 h
900 151 000
Servizo de atención ao usuario
910 504 390
Asistencia no estranxeiro
En caso de accidente laboral no estranxeiro, ofrecémosche un teléfono de contacto no que che explicaremos os pasos a seguir para solicitar asistencia médica.
+34 937 057 540
Servizos dixitais exclusivos para ti
¡Queremos facilitar o teu día a día! Para iso, desenvolvimos a app Asepeyo empresas e Asepeyo Oficina Virtual.
A app Asepeyo empresas é a primeira do sector dirixida, exclusivamente, á empresa. Ofrece toda a información relevante para a xestión e trámites do teu día a día.
Dispón de máis de 50 funcionalidades, entre as que destacan:
- A consulta, en tempo real, dos principais indicadores de absentismo
- O contacto directo co teu interlocutor único
- O envío de volantes de asistencia desde o móbil
- A posibilidade de solicitar boticas de primeiros auxilios
- A rápida localización dos nosos centros
- O detalle dos accidentes e as baixas da túa empresa

Descubre Asepeyo Oficina Virtual
É a versión da app Asepeyo empresas, pensada para ser empregada desde o teu ordenador. Ademais dos trámites que poderás realizar coa app, Asepeyo Oficina Virtual permíteche xestionar os partes de accidente, e acceder e descargar informes da túa empresa, entre outras funcións.
Axudámosche na xestión de absentismo
Creamos para ti o modelo “Xestión responsable de absentismo”.
Abordamos este compromiso desde a responsabilidade social corporativa, a promoción da saúde e a implantación dunha cultura preventiva.
Para coñecer todo o que podemos facer por ti, consulta o apartado ‘Xestionamos contigo’.
¿Queres darte de alta con nós?
Déixanos os teus datos. En menos de 48 horas, porémonos en contacto contigo: