Modelo asistencial

Coidamos da saúde dos teus traballadores e traballadoras e prestamos un servizo de calidade, innovador e comprometido.

A persoa lesionada, o seu diagnóstico e a súa recuperación son o centro da nosa actividade asistencial.

Axudámosche a axilizares os teus trámites de accidente de traballo, enfermidade profesional, continxencia común e outras prestacións. Tamén te asesoramos para mellorares a túa actividade preventiva, sen custo adicional.

O noso modelo asistencial está baseado na atención próxima e inmediata, con avanzadas prácticas sanitarias, e fundaméntase no seguinte:

Apostamos pola innovación, cunha importante inversión en tecnoloxía e equipamentos médicos, tanto ambulatorios como hospitalarios, diagnósticos e terapéuticos. O noso equipo médico está constituído por experimentados profesionais sanitarios, especializados en patoloxía laboral.

Os nosos centros asistenciais

Expertos en asistencia sanitaria e rehabilitación

Contamos cunha ampla rede de centros asistenciais que dispoñen de:

Área de admisión especializada

Área que recibe o paciente desde o primeiro momento para orientalo en todos os pasos que se deben seguir.

Área sanitaria

Os nosos centros asistenciais están equipados para atender as urxencias e as consultas médicas para o seguimento dos procesos de incapacidade temporal.

Área de Fisioterapia

Os nosos espazos ofrécenlle ao paciente os mellores tratamentos durante o seu proceso de recuperación.

Área técnica e administrativa

Expertos na tramitación de prestacións económicas.

Área de Prevención

Consultoría e asistencia técnica en prevención, desenvolvida por profesionais especializados en prevención de riscos laborais.

Viaxe do paciente

Se tes un accidente laboral...

Coñece todos os pasos que debes seguir se vas a algún dos nosos centros asistenciais e hospitais.

Tecnoloxía

Melloramos a experiencia do usuario

Impulsamos procesos máis áxiles e eficientes para che facilitar a túa asistencia e xestión con nós. 

MOLINS_146-A-1-e1626862799483.jpg

Aplicación mi Asepeyo

Consulta a túa axenda, probas médicas, gastos de desprazamento e farmacia e vídeos con exercicios de rehabilitación e enfermaría.

Sinatura biométrica

Con este novo sistema, aforras tempo e recibes un servizo máis seguro, eficiente e sostíbel.

Teletradución

Eliminamos as barreiras lingüísticas co noso servizo de teletradución a máis de 80 idiomas.

Xestión dixital de quendas

Menor tempo de espera, total confidencialidade, trámites máis áxiles e difusión constante de información de interese.

Notificacións e alertas

Notificacións de citas médicas e informes dispoñíbeis. Activa as alertas no teu correo electrónico, na aplicación ou en Asepeyo Oficina Virtual.

Seguimento postcirúrxico

Despois dunha intervención cirúrxica, chamámoste para saber como estás e para nos asegurar de que todo vai ben.

Programa Enfermeir@ Mentor

Acompañámoste durante o teu proceso de incapacidade temporal e aprendémosche a coidarte.

E sempre mellorando…

Estudos de valoración de satisfacción cos nosos servizos para mellorarmos na calidade asistencial.

Asepeyo Oficina Virtual

Para a empresa e o asesor laboral

Realiza, de maneira fácil e áxil, todos os teus trámites. Enche partes de accidente de traballo e informa da asistencia sanitaria dun traballador nos nosos centros, entre outras funcionalidades.

Para o traballador protexido

Consulta os teus datos, accede aos teus informes médicos ou comproba os teus pagamentos mentres estás de baixa.

Innovación sanitaria

Impulsamos a tecnoloxía en saúde máis avanzada

En Asepeyo miramos cara ao futuro. Aseguramos diagnósticos máis eficaces e tratamentos máis seguros.

Historia clínica única dixital

Accesíbel desde todos os nosos centros asistenciais. Contén información ambulatoria e hospitalaria de continxencias comúns e profesionais.

Equipo de terapia indutiva de alta intensidade

Contamos con avanzados equipos terapéuticos que obteñen mellores resultados en menos sesións e cunha duración máis curta.

Telemedicina e telepsiquiatría

Xa fixemos máis de 13 000 consultas virtuais! Non importa onde esteas. Optimizamos o tempo entre consultas e evitamos que te teñas que desprazar.

Unidade de valoración funcional

Utilizamos a biomecánica para valorarmos, de forma obxectiva, o grao de afectación funcional dun paciente tras unha lesión e detectarmos problemas físicos.

Big data

Empregamos big data para a análise e a mellora dos procesos nas patoloxías máis predominantes.

Unidade de rehabilitación cardíaca

Aplicamos programas de rehabilitación cardíaca, destinados á recuperación funcional dos pacientes con estas patoloxías.

Man biónica

Traballamos na implantación dunha man biónica parcial multiarticulada, i-Digits, para os nosos pacientes.

Exoesqueleto

Innovador traxe biónico para a rehabilitación de pacientes con lesións medulares e dano cerebral adquirido.

Unidade de saúde mental

Equipo de psicólogos clínicos, psiquiatras, neuropsicólogos e logopedistas que responde ás necesidades no ámbito da saúde mental.

Cinta antigravitatoria

Nova tecnoloxía de fisioterapia que mellora a calidade do tratamento e reduce o tempo de recuperación.

Os nosos hospitais

Referencia en traumatoloxía e cirurxía ortopédica

Sempre que o precises, atenderante os mellores profesionais sanitarios especializados en patoloxía laboral. Contamos con 3 hospitais propios e 2 mancomunados para apoiar a nosa rede asistencial no diagnóstico e no tratamento.

Hospitais propios

Hospitais mancomunados

Acompañamos os pacientes que foron intervidos cirurxicamente dentro das primeiras 24 horas unha vez dados de alta.

Contacto

Chámanos

Servizo de pacientes e persoas usuarias

910 504 390

De luns a venres, das 8 ás 20 horas

Urxencias 24 horas

900 151 000

Asistencia no estranxeiro

 +34 937 057 540

Preto de ti en asepeyo@asepeyo.es e no teu centro asistencial de referencia.

Portal de transparencia

Modelo de cumprimento. Código de conduta. Canles de comunicación.

Rede asistencial

Estamos preto de ti.
Atopa o teu centro Asepeyo máis próximo.

Preguntas frecuentes

En que che podemos axudar?
Atopa aquí a resposta.