¿Necesitas ayuda?

Nuestro horario de chat es de 8h a 18h de Lunes a Viernes.

SAU de 8h a 20h 900 151 002 Urgencias 24h 900 151 000 asepeyo@asepeyo.es

Espazo para traballadores

¿Podémosche axudar con algo?

Estamos preparados para atenderte as 24 horas do día, os 7 días da semana. Queremos facilitarche toda a información que precisas e resolver as túas dúbidas.

Tamén podes buscar en preguntas frecuentes.

En caso de accidente

Se sufriches un accidente de traballo, estes son os pasos que debes seguir:

Notifica o accidente á empresa e solicita o volante de asistencia  cuberto e asinado.

Acode a un dos nosos centros asistenciais co volante de asistencia.

Existen dúas variables, que che explicamos deseguido:

Accidente de traballo con baixa

  • Entrega o parte de baixa á empresa (nun prazo de 3 días hábiles)
  • Entrega periodicamente os partes de confirmación á empresa (nun prazo de 3 días hábiles)
  • Tras causar alta, entrega do parte de alta á empresa (prazo de 24 horas)

Accidente de traballo sen baixa

  • Volve ao traballo despois de ser atendido ou incorpórate ao día seguinte, segundo as instrucións do médico
  • Entrega a documentación á empresa

Se queres resolver todas as túas dúbidas, accede ao noso apartado de preguntas frecuentes

Asistencia sanitaria 24 horas

Podes contactar con nós, sempre que nos precises. Dispós de servizos permanentes de garda localizada, nunha ampla rede de servizos concertados.

En caso de accidente, chámanos e dirémosche que centro está máis preto de ti.

900 151 000

Traballadores desprazados no estranxeiro

Se es un traballador afiliado a Asepeyo, residente en España, e tes previsto desprazarte ao estranxeiro por motivos de traballo, chámanos e informarémosche dos trámites que debes realizar.

En caso de accidente de traballo, chámanos ao teléfono:

+34 937 057 540

¿Que che ofrecemos?

A nosa cobertura comprende a xestión das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais e da prestación de incapacidade temporal por continxencias comúns.

Garantímosche unha completa asistencia, desde a primeira cura e atención de urxencias, intervención cirúrxica e rehabilitación, ata a túa recuperación integral.

Para máis información sobre o noso servizo, accede a:

App Mi Asepeyo

Realiza as túas xestións con Asepeyo as 24 horas, os 7 días da semana.

Queremos estar máis preto de ti
Cun só clic podes axilizar os teus trámites con Asepeyo.

A miña axenda
Lembrámosche o día, hora e centro da túa visita.

Os meus casos
Accede a informes e radiografías dos últimos 5 anos.

Videochamada e chat con especialistas
Consulta co teu profesional sanitario e resolve calquera dúbida sobre o teu proceso médico.

As miñas notificacións
Avisámoste das datas dos teus pagamentos e de cando teñas dispoñible o teu informe médico ou diagnóstico por imaxe.

Os meus vídeos
Accede a vídeos personalizados para o teu tratamento.

¿A que esperas para descargala?