¿Necesitas ayuda?

Nuestro horario de chat es de 8h a 18h de Lunes a Viernes.

SAU de 8h a 20h 900 151 002 Urgencias 24h 900 151 000 asepeyo@asepeyo.es

Coidamos a saúde dos traballadores

Lideramos a maior organización sanitaria propia, con máis de 3.300 profesionais.

En Asepeyo coidamos das persoas. É o noso reto como Mutua. E por iso contamos cun gran equipo humano, xente apaixonada polo seu traballo e comprometida co noso proxecto.

Actualmente estamos buscando aos mellores profesionais para liderar a transformación dixital sanitaria. Ofrecemos un servizo excelente e innovador, que nos impulsa como referente de saúde e cultura preventiva, e queremos que te unas a nós.

¿Queres saber por que deberías traballar con nós? Os nosos profesionais cóntancho.

O noso ADN

Innovación

Maximizar a innovación orientada á satisfacción de necesidades reais, mellorando constantemente o servizo, instalacións e equipamento.

Compromiso social

Aportar valor á sociedade, especialmente con respecto aos colectivos en situación de necesidade, promovendo a implantación de boas prácticas ambientais.

Customer experience

Procurar a obtención de máximos estándares de calidade na experiencia do cliente, dando prioridade absoluta ao traballador lesionado ou enfermo.

Ética e transparencia

Actuar con humanidade, ética e honestidade, sempre cumprindo coa legalidade.

Escoita activa

Promover relacións baseadas na confianza, no respecto mutuo e na escoita activa

Excelencia

Administrar os recursos de maneira prudente, con criterios de sostibilidade e transparencia.

O noso PLUS

Universidade corporativa

Unha comunidade de aprendizaxe, con espazos físicos e/ou virtuais, que facilita programas formativos adaptados a cada posto de traballo. Somos referentes de formación no noso país.

I+D+i

A nosa comunidade científica fomenta a xeración e difusión do coñecemento, a través do intercambio de experiencias e prácticas entre profesionais. Apostamos pola innovación e a aplicación de novas tecnoloxías para mellorar a calidade asistencial.

Ambiente de traballo colaborativo

Esta maneira de traballar permite unha maior eficiencia, flexibilidade, aproveitamento do potencial dos usuarios e unha maior capacidade de innovación.

Conciliación e flexibilidade

Buscamos sempre o equilibrio entre traballo e familia.

Empresa saudable

Temos unha cultura do wellbeing que persegue o benestar do traballador.

Os nosos profesionais opinan

178

Centros asistenciais

3

Hospitais propios

62

Beneficios corporativos

Envíanos o teu CV

Inscríbete nas nosas ofertas e/ou déixanos os teus datos. ¡Estamos desexando coñecerte!