¿Necesitas ayuda?

Nuestro horario de chat es de 8h a 18h de Lunes a Viernes.

SAU de 8h a 20h 900 151 002 Urgencias 24h 900 151 000 asepeyo@asepeyo.es

Salud laboral

Atención sanitaria personalizada y de calidad. Somos expertos en salud laboral. Contamos con una amplia red asistencial pensada para ti. Siempre que lo necesites, te atenderán los mejores profesionales sanitarios especializados en patología laboral.

O noso proxecto de xestión clínica

O noso obxectivo é mellorar a túa saúde, mediante as prácticas clínicas máis adecuadas. Por esta razón, situamos ao paciente e ao seu diagnóstico no centro da nosa xestión clínica.

Traballamos cun modelo asistencial orientado cara a mellora continua e fundamentado en:

  • Xestión do coñecemento e da competencia
  • Experiencia dos nosos profesionais
  • Orientación cara o traballo en equipo –reforzando a súa capacidade multidisciplinar-
  • Continua avaliación dos resultados clínicos
  • Longa traxectoria como especialistas na saúde no traballo

O noso equipo sanitario, formado por máis de 1.500 profesionais expertos no ámbito laboral,  facilita as mellores e máis eficientes solucións terapéuticas para resolver cada situación. Queremos que os nosos pacientes obteñan a curación máis efectiva, no menor tempo posible, e por iso ofrecemos a mellor práctica clínica.

Accidente de traballo e enfermidade profesional

Coa nosa rede de asistencia sanitaria conseguimos unha atención próxima, profesionalizada e completa, desde a primeira cura e atención de urxencias, ata a intervención cirúrxica en traumatoloxía e a posterior rehabilitación. Chegamos a acordos de asistencia sanitaria con outras mutuas colaboradoras da Seguridade Social para incrementar esta proximidade. Cubrimos todos os custos dos servizos sanitarios necesarios para a túa curación. Facémolo con recursos propios ou a través de máis de 1.400 servizos concertados autorizados (hospitalización, cirurxía…).

Tamén nos facemos cargo de todos os gastos farmacéuticos, así que non terás que abonar custos adicionais.

Asistencia sanitaria 24 horas

Podes contactar con nós, sempre que nos precises. Dispós de servizos permanentes de garda localizada, nunha ampla rede de servizos concertados. En caso de accidente, chámanos e dirémosche que centro está máis preto de ti.

900 151 000

Traballadores desprazados no estranxeiro

Se estás a traballar fóra de España e tes un accidente de traballo, chama á nosa liña de atención medicalizada. Atenderate un sanitario que valorará a situación e indicarache a que centro sanitario dirixirte.

Antes de calquera desprazamento de traballadores ao estranxeiro, a empresa debe realizar os trámites necesarios.

+34 937 057 540

Hospitais

Estamos dotados coa última tecnoloxía sanitaria. Os nosos hospitais son o máximo expoñente da nosa vocación de servizo e especialización. Son o apoio da rede asistencial no diagnóstico e no tratamento de lesións. Temos 2 hospitais de asistencia integral, 1 hospital de día e outros 2 centros hospitalarios mancomunados.

Hospitais propios

Hospitais mancomunados

Servizos dos hospitais:

  • Urxencias
  • Área cirúrxica
  • Unidade de coidados intensivos
  • Unidades de hospitalización
  • Consultas externas
  • Probas de diagnóstico
  • Rehabilitación
  • Readaptación profesional
  • Laboratorio
  • Farmacia
  • Unidade de Valoración Funcional
  • Departamento de asistencia social e de psicoloxía
  • Servizos auxiliares e de seguridade

A organización médica dos hospitais está formada por equipos cirúrxicos e unidades de especialidade funcional, de forma que en cada equipo colaboran especialistas de diferentes áreas.

Os hospitais están acreditados como hospitais docentes na formación regulada dos MIR. Tamén acollen alumnos en prácticas de enfermería, fisioterapia, auxiliar de enfermería, terapia ocupacional, técnico en radioloxía e nutrición.

Unidades de referencia de enfermidades profesionais

Para mellorar a detección,  asistencia, diagnóstico e declaración das enfermidades profesionais, implantamos un proxecto baseado na creación das Unidades de  Referencia de Enfermidades Profesionais (UREP).

Estas unidades ofrecen apoio técnico especializado á rede de centros asistenciais e están integradas por profesionais sanitarios especialistas en medicina do traballo: As súas funcións son:

  • Xestión sanitaria dos casos de enfermidade profesional
  • Funcións de formación, conxuntamente con outros profesionais sanitarios, expertos en prestacións e en prevención.
  • Funcións de consulta e/ou orientación sobre casos procedentes de centros asistenciais
  • Seguimento epidemiolóxico das enfermidades profesionais
  • Elaboración, implantación e revisión periódica de guías baseadas na evidencia científica

Historia clínica única

Toda a información sanitaria dos nosos pacientes está integrada dentro dunha historia clínica única e individualizada, on line, accesible desde calquera centro de Asepeyo.

Os pacientes teñen á súa disposición Asepeyo Oficina Virtual, onde poden acceder a información relevante dos seus procesos clínicos.

Seguimento do proceso médico por enfermidade común ou accidente non laboral

O Servizo Público de Saúde é o responsable de emitir as baixas e as altas nos casos de enfermidade común ou accidente non laboral.  Desde Asepeyo, como mutua colaboradora coa Seguridade Social, realizamos visitas médicas para o control e seguimento destes procesos.

Facemos actuacións de control e seguimento desde o primeiro día da baixa. Tamén realizamos as probas complementarias necesarias para verificar un diagnóstico ou un estado patolóxico.

Co fin de favorecer a mellora do traballador e a súa pronta reincorporación laboral, previa autorización do Servizo Público de Saúde e do paciente, podemos efectuar:

  • Probas diagnósticas complementarias
  • Tratamentos
  • Rehabilitación
  • Intervencións cirúrxicas
  • Consultas médicas

Cando os nosos profesionais sanitarios consideren que a situación do paciente é compatible coa actividade laboral, poden realizar proposta de alta á inspección médica do Servizo Público de Saúde.

Se valoran que a situación non ten curación e non é compatible coa actividade laboral, os médicos poden facer unha proposta de incapacidade que resolverá o Instituto Nacional da Seguridade Social.

Investimento en tecnoloxía e equipamentos sanitarios

Ofrecémosche un inmellorable servizo e, para conseguilo, empregamos a mellor tecnoloxía. Realizamos importantes investimentos en equipamentos sanitarios ambulatorios, hospitalarios, diagnósticos e terapéuticos.

Coñece máis sobre a nosa aposta pola tecnoloxía aplicada á saúde en Tecnoloxía e innovación.