¿Necesitas ayuda?

Nuestro horario de chat es de 8h a 18h de Lunes a Viernes.

SAU de 8h a 20h 900 151 002 Urgencias 24h 900 151 000 asepeyo@asepeyo.es

Xestión de absentismo

Axudámosche a mellorar o absentismo da túa empresa. Poñemos a túa disposición un sistema de xestión único e un modelo de asesoramento específico para a túa empresa.

¿Que é o absentismo laboral?

Entendemos por “absentismo” calquera ausencia do traballo cando está prevista a asistencia. A súa xestión é unha cuestión complexa que afecta a todo tipo de organizacións e persoas.

As mutuas podemos axudar ás empresas a xestionar o seu absentismo mediante un seguimento eficaz das prestacións económicas, da asistencia sanitaria en casos de continxencia profesional e das actividades de prevención.

Custos do absentismo

Os custos do absentismo son un factor de competitividade e de eficiencia que condicionan a sostibilidade e o crecemento do país.

Custos directos

Os principais custos directos do absentismo son os salarios dos traballadores ausentes, algúns referentes á substitución (retribucións dos substitutos) e os relativos ás horas extras. En xeral, estes custos poden calcularse cunha certa precisión.

En España os custos por incapacidade laboral están asegurados a través do sistema da Seguridade Social, polo que a empresa non debe asumir parte deles. Os custos directos para a empresa son:

No caso de incapacidade temporal por accidentes de traballo ou enfermidade profesional, o salario do traballador o día da baixa médica e o día da baixa, en caso de recaída.
No caso das continxencias comúns (accidente non laboral e enfermidade común), a prestación de IT do 4º ao 15º día da baixa médica (ambos inclusive).
Durante as situacións de IT, sexa derivada de continxencias comúns ou profesionais, subsidio de risco durante a gravidez, subsidio de risco durante a lactación natural, maternidade ou paternidade, mantense a obriga da empresa, salvo extinción do contrato, de cotizar (ata os 545 días como máximo).
A empresa pode ter tamén outro custo directo se, a través da mellora voluntaria da acción protectora, o convenio colectivo estableceu complemento voluntario da IT, da maternidade, paternidade, subsidio de risco durante a gravidez e subsidio de risco durante a lactación natural. Este complemento pode ser con referencia á base de cotización ou ao salario do traballador/a.

Custos indirectos

Son os derivados da diminución da produtividade, custos de substitución (recrutamento, selección, formación), de erros na calidade do produto ou servizo, de diminución de beneficios, as cotas á Seguridade Social e, en xeral, custos de administración (persoas e actividades de xestión das ausencias).

Nas ausencias por continxencia profesional, os custos poden ter un alcance superior (sancións ou recargas de prestacións da Seguridade Social, por paralización da actividade, perdas de imaxe, danos materiais, perda de posibles reducións das primas ou cotizacións por continxencias profesionais por baixa sinistralidade, etc.).

O noso modelo de xestión

Consideramos que a xestión do absentismo debe abordarse desde a responsabilidade social corporativa, a promoción da saúde e a implantación dunha cultura preventiva e, a partir desta, propoñemos unha xestión integral combinando aspectos sanitarios, de xestión, de prevención e de organización.

Elaboramos unha guía para a implantación do noso modelo de xestión de absentismo. Con ela poderás optimizar a verificación e seguimento da xestión das accións encamiñadas á redución do absentismo.

Beneficios

Co noso modelo poderás obter unha serie de beneficios para:

  • Traballadores: mellorar a súa saúde, evitar accidentes e minimizar penalizacións económicas en situacións de baixa laboral.
  • Empresas: optimizar a organización e os custos non produtivos da estrutura de recursos humanos.
  • Seguridade social: diminuír os gastos do Sistema da Seguridade Social, contribuíndo á súa sostibilidade a longo prazo.

Equipo de xestión de Asepeyo

Para o desenvolvemento do modelo de xestión contamos con equipos de expertos especializados en cada unha das súas áreas.

Dispoñemos dun equipo altamente preparado para a atención telefónica e seguimento sanitario e administrativo de traballadores en situación de baixa médica derivada de enfermidade común e accidente non laboral.
Estes profesionais teñen a misión de mellorar a nosa xestión como entidade colaboradora da Seguridade Social, proporcionando ás empresas ferramentas para que poidan realizar, por elas mesmas, accións tendentes á redución do seu absentismo.
O noso servizo centralizado de atención a empresas mutualistas está especializado na resolución de incidencias relacionadas coa tramitación de baixas e altas por sistema RED, resolucións do INSS ou organismos oficiais, filiación de datos de traballadores de baixa por IT derivada de enfermidade común e accidente non laboral e comunicación inmediata de extincións, períodos de carencia e anulación de ambos.
Esta unidade centralizada ocúpase da tramitación e xestión das diferentes prestacións económicas asociadas. Segue criterios técnicos e realiza unha xestión individualizada dos casos.
Equipo formado por profesionais e expertos nas distintas especialidades da prevención de riscos laborais no marco establecido anualmente polo Plan Xeral de Actividades Preventivas. As unidades técnicas de prevención de riscos están distribuídas nas distintas autonomías, co fin de asegurar a proximidade ás empresas. Ademais, dispoñemos de instalacións e recursos técnicos, entre os que destacan os baseados nas novas tecnoloxías da información.
A nosa rede de centros asistenciais e oficinas é o resultado da política de achegamento dos servizos asistenciais aos centros de traballo das nosas empresas mutualistas. Os hospitais de Asepeyo representan a vocación de poñer ao alcance dos seus traballadores protexidos a máis avanzada tecnoloxía médico-científica. O seu amplo equipo multidisciplinar de profesionais presta os seus servizos desde o ingreso do paciente ata a súa rehabilitación. Os hospitais están especializados como servizos de apoio á rede asistencial da Mutua no diagnóstico e no tratamento de lesións.

Xestión sanitaria do absentismo

Os empresarios poden elixir que a Mutua asuma o pagamento da prestación económica de incapacidade temporal por enfermidade común e accidente non laboral, así como o control e seguimento da mesma, sen prexuízo da responsabilidade do servizo público de saúde na prestación da asistencia sanitaria. Baseándonos na nosa ampla experiencia, definimos unha operativa específica nas actuacións de continxencias comúns e continxencias profesionais.

A nosa vocación de liderado sanitario, a través do noso proxecto de xestión clínica, pretende o mellor resultado en termos de saúde mediante as mellores prácticas clínicas. Para iso, orientámonos cara a medicina baseada na evidencia e na mellora continua.

Contacto sanitario inmediato:  no momento en que temos coñecemento da baixa, un equipo de sanitarios contacta telefonicamente co traballador para unha primeira avaliación do caso.

Personalización da actuación:  en función do resultado da avaliación, planificamos as actuacións para optimizar o proceso de recuperación do traballador.

Especialización por grupos patolóxicos:  aplicamos protocolos e técnicas sanitarias específicas para un grupo patolóxico, o que supón unha mellora no resultado do proceso. Particularmente, aportamos unha gran experiencia sanitaria e de xestión nos casos de traumatoloxía.

Seguimento do proceso:  revisamos periodicamente cada caso para valorar a súa evolución e tomar novas decisións, se é preciso. Se o médico considera que o traballador está preparado para reincorporarse ao seu posto de traballo, realizamos a proposta ao Servizo Público de Saúde. Noutros casos, faremos unha proposta de invalidez a resolver polo INSS.

Análise de indicadores sanitarios: de forma periódica, obtéñense indicadores que permiten:

Á empresa, ter unha visión global do seu absentismo.

A nós, dispoñer de información sobre a efectividade do modelo e as súas áreas de mellora.

Tratamento integral do proceso: nos nosos centros asistenciais realízase a xestión completa do caso, desde o seu diagnóstico ata a alta médica. O médico do centro asistencial coordina a participación dos profesionais que sexan precisos mediante un traballo interdisciplinario reforzado polo soporte técnico de unidades especializadas.

Comunicación coa empresa e o traballador:  desde o noso centro asistencial mantemos unha constante e fluída relación coa empresa e co traballador, para axilizar os procesos administrativos e asistenciais respectando a confidencialidade conforme á LOPD.

Ferramentas de apoio á túa xestión

En Asepeyo Oficina Virtual podes acceder a un conxunto de ferramentas sinxelas e intuitivas que poden axudarche a implantar de forma autónoma un modelo de xestión responsable de absentismo.

  • Protocolo de actuación en continxencia común
    A empresa pode desenvolvelo en base ao procedemento xeral. Pode recoller: como debe actuar o traballador ao ausentarse, o rexistro de todos os casos de absentismo, a xestión da información por parte da empresa, a valoración da situación da persoa ausente, e a formación do posto de traballo ou o protocolo de reincorporación.
  • Protocolo de actuación en continxencia profesional
    Como no caso anterior, este protocolo pode ser desenvolvido pola empresa, incluíndo entre outros: valoración da gravidade, quen e como se emiten os volantes de asistencia, cando o traballador debe ser acompañado e cando non, medios de transporte adecuados, análise dos accidentes e dos accidentes e persoas implicadas no seguimento da situación.
  • Protocolo de reincorporación ao traballo tras unha baixa
    Recolle unha serie de medidas que permiten realizar un seguimento individualizado dos procesos de baixa unha vez que o traballador recibe a alta e reincorpórase ao seu posto de traballo. Sempre se deben ter en conta as circunstancias e o caso particular de cada traballador.
  • Protocolo de subrogación
    A incorporación de persoal á empresa a través de subrogacións pode supoñer unha dificultade para o adecuado funcionamento da política de xestión do absentismo da empresa. Co fin de integrar o máis rapidamente posible a estes traballadores nos procedementos internos, proponse a posta en marcha de accións informativas e de coordinación que englobaremos nun protocolo específico para subrogacións.
  • Xestión normalizada de permisos e licenzas Este protocolo debe usarse como unha ferramenta de xestión que permita ao traballador coñecer a maneira de proceder á hora de solicitar un permiso ou licenza, aos que ten dereito, e para a empresa suporá unha mellora na organización do traballo, distribución de tarefas e un aforro en substitucións innecesarias de traballadores ausentes.
  • Protocolo xestión de ausencias Este protocolo debe usarse como unha ferramenta de xestión que permita á empresa ter o máximo de información posible para poder tomar a decisión máis adecuada, e nunca se empregará como ferramenta de control.
  • Protocolo plan de igualdade O plan de igualdade é un conxunto ordenado de medidas, adoptadas despois de realizar un diagnóstico de situación, tendentes a acadar na empresa a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, e a eliminar a discriminación por razón de sexo.
  • Volante de asistencia ampliado
    O volante de asistencia é un documento que emite a empresa declarando que asume un feito como posible continxencia profesional. O traballador accidentado debe presentalo en Asepeyo para ser atendido baixo esa premisa. En caso de requirise unha maior concreción das circunstancias do accidente, pode consensuarse coa Mutua un volante ampliado que recolla formalmente a versión do accidente do traballador afectado e do mando intermedio responsable de cubrilo, así como dos detalles do suceso.
  • Asistencia sanitaria internacional
    Os traballadores afiliados a Asepeyo e residentes en España, desprazados ao estranxeiro por motivos de traballo, dispoñen dun número de teléfono (+34 937 057 540) basicamente informativo, que ten como función dar información sobre o trámite administrativo que deben cubrir en caso de desprazamento ao estranxeiro con fins laborais. Esta información tamén se pode solicitar á Tesouraría Xeral da Seguridade Social (vía telefónica ou a través da súa páxina web), na web de Asepeyo ou a través do seu Servizo de Atención ao Usuario.
A análise da acumulación de ausencias por traballador resulta unha valiosa ferramenta para a detección de casos susceptibles dun estudo máis minucioso. Para esta análise empregamos o Factor de Bradford, índice que permite listar os traballadores que tiveron algunha continxencia durante o período de estudo, ordenándoos de maior a menor segundo o valor do índice. Dá prioridade á acumulación de continxencias fronte aos días de baixa que estas xeran. Para os casos nos que se considere necesaria unha observación máis detallada, pódese recorrer aos Históricos de Continxencias Individualizados (HCI). Trátase duns calendarios gráficos que permiten unha comparativa temporal e poden subliñar baixas clínicas ou repetidas en determinadas datas, facilitando así a oportunidade de previlas.
Este documento recolle a información que a empresa considere oportuna para favorecer a integración de novo persoal no seu posto de traballo e entorno laboral. A información debe ser práctica e xenérica. Pódense achegar detalles particulares dalgúns postos de traballo.
O acceso da empresa a toda a información e a capacidade para a toma de decisións en base a esta é clave para establecer as medidas e actuacións do plan de acción. As nosas aplicacións para as túas empresas mutualistas son:
  1. Análise Dinámica de Datos
  2. App Asepeyo empresas
  3. Asepeyo Oficina Virtual

Visita o noso apartado de tecnoloxía e innovación para máis información. Con estas aplicacións facilitámosche datos en tempo real do teu absentismo, da comparativa con empresas do teu sector de actividade e tamaño. Ademais permíteche analizar factores como as baixas por tramos de idade, a antigüidade dos traballadores na empresa, o tipo de contrato, a reincidencia ou a duración das baixas.

Empresa saudable

Co obxectivo de aumentar o coñecemento das medidas preventivas e a difusión de boas prácticas entre as nosas empresas asociadas, e conforme ao recente cambio de denominación do INSST, que pasa a ser o Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar, debemos sensibilizar dos proxectos que promoven ambientes saudables de traballo.

Unha empresa saudable é aquela que promove ambientes de traballo saudables, entendendo a saúde como un estado completo de benestar físico, mental e social.

Segundo a Organización Mundial da Saúde, os aspectos clave para lograr ambientes saudables no traballo son:

Existen múltiples riscos derivados da exposición laboral no ámbito físico, que se identifican en función dos factores de risco que os condicionan:
  1. Factores asociados á seguridade no posto de traballo: en relación a procedementos, maquinarias, traballos en altura, riscos eléctricos, etc.
  2. Axentes químicos: sobre procedementos relacionados con exposición a produtos químicos que poden ser tóxicos para a saúde (efectos irritantes, sensibilizantes, canceríxenos, teratóxenos…)
  3. Axentes biolóxicos: relativos a postos de traballo con exposición a axentes vivos como bacterias, virus, parasitos ou fungos. Salientan, pola súa exposición, os traballadores do ámbito sanitario e outros como veterinarios, granxeiros, agricultores, etc.
  4. Factores físicos: relacionados coa exposición a radiacións ionizantes ou non ionizantes, ruído, vibracións, temperaturas extremas ou riscos emerxentes como a exposición a nanopartículas.
  5. Factores ergonómicos: en relación á adaptación dos postos de traballo, posturas forzadas, movementos repetitivos ou manipulación de cargas. Poden desencadear en trastornos musculoesqueléticos.
As situacións adversas no ámbito psicosocial poden determinar alteracións na saúde física e mental dos traballadores. Así mesmo, favorecen situacións de conflito que poden afectar de forma crónica as relacións interpersoais, repercutindo nos resultados e na imaxe da empresa. Aspectos que inciden no ambiente psicosocial:
  1. Organización do traballo: deseño de tarefas, definicións de rol, cargas de traballo, flexibilidade, autonomía, estilos de mando, comunicación, capacitación.
  2. Filosofía e cultura de empresa: declaración de principios e procedementos respecto a consideracións éticas no traballo, prevención de acoso ou discriminación en todo o ámbito da organización, criterios de selección de persoal.
osha.europa.eu: A promoción da saúde no lugar de traballo refírese ao esforzo común de empresarios, traballadores e da sociedade no seu conxunto por mellorar a saúde e o benestar laboral dos traballadores. Os medios para conseguir este obxectivo inclúen a mellora da organización do traballo e do entorno laboral, o establecemento de actuacións que propicien a participación dos traballadores en actividades saudables, a promoción de hábitos de vida saudables e o fomento do desenvolvemento persoal. A empresa pode facilitar os recursos e as oportunidades para participar en programas e campañas de saúde, dar maior flexibilidade para realizar consultas de saúde, e para acceder a información, formación e asesoramento.
Participación na comunidade para mellorar a saúde dos traballadores, das súas familias e doutros membros da comunidade. Conséguese un impacto positivo na comunidade e no medio ambiente. Algunhas actividades de promoción da saúde e da seguridade: alianzas con saúde pública, concellos, provedores.
  • Sendas de saúde
  • Rede de restaurantes saudables
  • Políticas saudables medioambientais / provedores
  • Colaborar en campañas en beneficio da comunidade (doazón de sangue)
  • Actividades que favorezan coñecemento de saúde e seguridade na comunidade

Observatorio de Absentismo Asepeyo

Publicamos anualmente o estudo de comportamento e tendencias extraídas da análise das baixas por enfermidade común e accidente non laboral dos traballadores das máis de 200.000 empresas que teñen a opción das continxencias comúns con Asepeyo.
Neste estudo ponse en evidencia o incremento significativo das baixas por esta continxencia en 2016, que triplica o incremento da afiliación de traballadores para o mesmo período.

Como datos máis destacados, convén subliñar:

  • Reincidentes: o 1,71% dos traballadores supoñen o 21,04 das baixas por enfermidade común e accidente non laboral.
  • Crecemento das baixas nun 12,92%.
  • Crecementos das baixas  de agrupacións de patoloxías psicolóxicas/psiquiátricas (é a agrupación de patoloxías que máis crece respecto a 2015). En total en 2016 supoñen 23.415 baixas.
  • Baixas de curta ou moi curta duración (o 67% do total de baixas en 2016 -23.415 baixas- son de menos de 15 días).
  • Antigüidade  dos traballadores na empresa (o 58% ten menos de tres anos de antigüidade nas súas empresas).

Para poder actuar e xestionar estes datos, poñemos en valor o noso modelo de xestión de absentismo, baseado nun plan de xestión que incorpora actuacións sanitarias, de xestión, de prevención e de organización das empresas.