Prestación económica por coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave

  • Perfil

  • Hablamos de

A prestación por coidado do menor con cancro ou outra enfermidade grave é unha das prestacións que xestionan as mutuas colaboradoras coa Seguridade Social, para os traballadores das súas empresas mutualistas e traballadores autónomos afiliados.

Esta prestación compensa a perda de ingresos das persoas que reducen a súa xornada laboral pola necesidade de coidar dos seus fillos, ou menores ó seu cargo, durante o tempo de hospitalización e do tratamento continuado da enfermidade.

A enfermidade que padeza o menor debe estar recollida na lista de enfermidades graves e implicar un ingreso hospitalario de longa duración ou a continuación do tratamento médico no domicilio tralo diagnóstico e a hospitalización.

Pode solicitarse, como mínimo, unha redución do 50% da xornada laboral e un máximo do 99,99%.

Non poderá solicitarse a prestación no caso de contar cun contrato a tempo parcial que sexa igual ou inferior ó 25% dunha xornada a tempo completo.

Lista de enfermidades graves

Consulta a lista de enfermidades graves no anexo do Real Decreto 1148/2011 para o recoñecemento da prestación.

Quen pode solicitar a prestación?

Esta prestación está dirixida ás persoas traballadoras de todos os réximes da Seguridade Social que acrediten os períodos mínimos de cotización esixidos e que reduzan a súa xornada laboral polo menos nun 50% para o coidado dun menor afectado por cancro ou algunha das enfermidades graves recollidas no anexo ó Real Decreto 1148/2011.

A prestación consiste nun subsidio equivalente ó 100% da base reguladora de incapacidade temporal por continxencias profesionais ou, no seu caso, a derivada de continxencias comúns cando non se opte pola cobertura das continxencias profesionais en proporción á redución da xornada de traballo. Asepeyo aboa directamente a prestación por períodos mensuais vencidos.

Requisitos mínimos para solicitar a prestación

  • Menor ata os 23 anos con cancro ou enfermidade grave (segundo anexo) que requira hospitalización e tratamento continuado, así como precisar coidado directo, continuo e permanente por parte dos seus proxenitores, adoptantes, acolledores permanentes ou cónxuxe ou parella de feito do causante (sempre que o menor alcanzara a maioría de idade). Dita enfermidade, para poder recoñecerse sendo o causante menor de 23 anos, debe ter sido diagnosticada con anterioridade a cumprir os 18 anos.
  • Poderase manter a prestación económica ata que o causante cumpra 26 anos se antes de alcanzar os 23 anos acreditase, ademais, un grao de discapacidade igual ou superior ó 65%.
  • Ambos proxenitores deben acreditar que se encontran afiliados, e en situación de alta, nalgún réxime público da Seguridade Social ou mutualidade de previsión social de colexio profesional, xa sexa por conta allea ou por conta propia. Só un dos proxenitores, adoptantes ou acolledores pode ser o beneficiario da prestación.
  • Ter cuberto o período de carencia. O período mínimo de cotización do beneficiario debe ser:
    • Menores de 21 anos: non se esixirán períodos mínimos de cotización.
    • Entre 21 e 25 anos: 90 días cotizados nos 7 anos inmediatamente anteriores á solicitude da prestación, ou 180 días ó longo da súa vida laboral.
    • A partir de 26 anos: 180 días, dentro dos 7 anos inmediatamente anteriores, ou 360 días no total da súa vida laboral.
  • Os traballadores autónomos, e aqueles sobre os que recaia a obriga de cotizar, deberán estar ó corrente de pagamento, a tal fin será de aplicación a invitación ó pagamento. As prestacións recoñecidas a partir do 1/1/2023 teñen unha bonificación nas cotizacións do 75 %.
  • Nos contratos de traballo a tempo parcial, non poderá solicitarse a prestación se a xornada de traballo contratada é o 25% ou inferior respecto a unha xornada de traballo dun contrato a tempo completo.
  • Se o causante está casado ou en parella de feito, o cónxuxe pode solicitar esta prestación.
  • O dereito recoñecerase a favor do proxenitor, gardador ou acolledor que conviva coa persoa enferma, aínda que o outro non traballe, sempre que se cumpran o resto dos requisitos esixidos.

Como solicitar a prestación

O traballador debe cumprimentar a documentación segundo sexa traballador por conta allea ou por conta propia.
A Mutua realizará o estudo da solicitude e, se procede, realizarase o aboamento da prestación.

O dereito a percibir este subsidio comunicarase nun prazo máximo de 30 días dende a recepción da documentación.

A prestación recoñécese polo prazo dun mes, sendo prorrogable por períodos de dous meses.

Onde presentar a solicitude

Tramita a túa solicitude nuns sinxelos pasos en:

https://prestaciones.asepeyo.es/cuidado-del-menor/

Tamén podes solicitar cita previa no teu centro e presentar a solicitude:

Causas de suspensión e de extinción

Motivos de suspensión e extinción da prestación do coidado do menor
Motivos de suspensión Cando a persoa coidadora se encontre de baixa médica (incapacidade temporal)
Cando a persoa coidadora acceda a un permiso de maternidade/paternidade
Cando a persoa coidadora acceda á prestación de risco para o embarazo/lactación
Cando esta prestación concorra con calquera causa de suspensión de relación laboral (ERE)
Cando a persoa coidadora no estea ó corrente de pagamento das cotas de autónomos, no caso de selo
Motivos de extinción Que o menor cumpra 23 anos ou 26 se acredita unha discapacidade superior ou igual ó 65%
Fin da necesidade de coidado directo, continuo ou permanente do menor, debido á mellora do seu estado ou á curación
Cesamento dun dos proxenitores na súa actividade laboral, causando baixa no Réxime de la Seguridade Social
Xubilación ou incapacidade permanente dun dos proxenitores
Reincorporación á actividade laboral do beneficiario, cesando a redución de xornada
Realización de calquera traballo ou actividade incompatible coa redución da xornada
Falecemento do menor
Falecemento do beneficiario da prestación
Falta de ingreso das cotas, se o beneficiario é traballador por conta propia (RETA)
A persoa enferma deixa de acreditar o grao de discapacidade requirido

¿Necesitas más información?

Ponte en contacta con tu centro asistencial de referencia:
Última actualización 31 Outubro 2023

¿Te ha parecido útil este artículo?

Sentimos que este contenido no te haya sido útil

Este formulario de comentarios es anónimo y no se proporcionará ninguna respuesta. Si su problema requiere una respuesta, utilice el enlace 'contactar con nosotros' a continuación.

Nos gustaría que nos ayudaras a mejorarlo. Indícanos cómo: