Prestación por cesamento de actividade de traballadores autónomos

  • Perfil

  • Hablamos de

Obxecto e ámbito de aplicación da prestación por cesamento de actividade

Prestación obrigatoria para traballadores autónomos e traballadores do mar. Tamén para os socios das cooperativas de traballo e para os traballadores societarios que optaran por este encadramento.

O cesamento de actividade pode ser definitivo ou temporal.

Prestación

Abono do 70% da base reguladora de doce meses dos últimos 24 meses inmediatamente anteriores á situación legal de cesamento de actividade.

*Excepcións:

Para os epígrafes 4º e 5º do apartado 1) do artigo 331 (motivos económicos segundo RDL 13/2022), a Mutua farase cargo do 50% da cota de cotización, que aboará xunto coa prestación, mentres que o traballador autónomo deberá pagar o 50% restante.

Requisitos

  • Estar afiliados e en alta no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos ou no Réxime Especial dos Traballadores do Mar.
  • Ter cuberto o período mínimo de cotización por cesamento de actividade (polo menos 12 meses cotizados nos 24 meses anteriores á situación de cesamento).
  • Atoparse en situación legal de cesamento de actividade (baixa no Réxime Especial, agás para os motivos dos epígrafes 4º e 5º e forza maior temporal total e parcial).
  • En caso de cesamento definitivo, se o traballador autónomo pode acceder á pensión de xubilación, non poderá acceder á prestación por cesamento de actividade.
  • Estar ó corrente no pagamento das cotas á Seguridade Social.
  • Para os supostos dos epígrafes 4º e 5º do 331.1.a) o traballador autónomo non poderá exercer outra actividade, agás:
    • En caso de pluriactividade, onde o traballador autónomo poderá percibir unha remuneración polo traballo por conta allea que se estaba a desenvolver, sempre e cando a suma da retribución mensual media dos últimos catro meses inmediatamente anteriores ó nacemento do dereito á prestación por cesamento e a propia prestación por cesamento de actividade resulte nunha cantidade media mensual inferior ó importe do salario mínimo interprofesional vixente no momento do nacemento do dereito á prestación por cesamento.
    • Cando vaia realizar a mesma actividade que causa o cesamento, sempre que os rendementos netos mensuais obtidos durante a percepción da prestación non sexan superiores á contía do salario mínimo interprofesional ou ó importe da base pola que estaba cotizando, se esta fose inferior.
  • Se ten traballadores ó seu cargo, deberá, previamente ó cesamento, cumprir as garantías e obrigas cos seus traballadores, agás nos casos de forza maior temporal total e parcial, así como nos cesamentos derivados dos epígrafes 4º ou 5º, nos que non será necesaria a baixa no Réxime.

Duración

En función do número de meses cotizados, a duración da prestación será:

Meses cotizados Duración
menos de 12 meses 0 meses
de 12 a 17 meses 4 meses
de 18 a 23 meses 6 meses
de 24 a 29 meses 8 meses
de 30 a 35 meses 10 meses
de 36 a 42 meses 12 meses
de 43 a 47 meses 16 meses
Máis de 48 meses 24 meses

Recoñecemento e nacemento do dereito á prestación

O prazo da solicitude finaliza o último día do mes seguinte no que se produciu o cesamento de actividade.

Excepcións:

Nas solicitudes por motivos económicos, técnicos, produtivos ou organizativos, de forza maior, por violencia de xénero, violencia sexual, por vontade do cliente, fundada en causa xustificada e por morte, incapacidade e xubilación do cliente, o prazo comezará a partir da data que conste nos correspondentes documentos que acrediten a concorrencia de devanditas situacións.

O dereito á prestación, por norma xeral, producirase ó día seguinte á baixa no Réxime Especial, coas seguintes excepcións do artigo 331 da Lei Xeral da Seguridade Social:

  • Apartado 1.a)
    • Epígrafe 4º: a data de efectos será o primeiro día do mes seguinte á comunicación á autoridade laboral.
    • Epígrafe 5º: a data de efectos será o primeiro día do mes seguinte ó da solicitude.
  • Forza maior: o día que se acredite a concorrencia da forza maior.
  • Por perda da licenza administrativa, sempre que a mesma constitúa un requisito para o exercicio da actividade económica ou profesional e non veña motivada pola comisión de infraccións penais: o primeiro día do mes seguinte ó que teña efecto a baixa como consecuencia do cesamento.
  • Nos casos de violencia de xénero e sexual: a data indicada na orde de protección ou, na súa ausencia, o informe do Ministerio Fiscal, a partir do cal se produciu o cesamento ou a interrupción.
  • Por divorcio ou separación matrimonial, mediante resolución xudicial, nos supostos nos que o traballador autónomo exercese funcións de axuda familiar no negocio do seu excónxuxe ou da persoa da que se separou, en función das cales estaba incluído no correspondente Réxime da Seguridade Social: o primeiro día do mes seguinte ó que teña efecto a baixa como consecuencia do cesamento.

Abono en caso de presentación fóra do prazo legalmente previsto

Nos casos de presentación fóra de prazo, aboarase dende o día da presentación da solicitude. Descontaranse do período de percepción os días que medien entre a data na que debería ter presentado a solicitude e a data na que a presentou.

Exemplo: nun suposto no que a data do feito causante é o 31/05/2022 (data efectos baixa cesamento) con dereito a catro meses de prestación. O prazo para presentar a solicitude é ata o 30/06/2022.

  • Presentación en prazo:
    • Data entrada solicitude: 08/06/2022
    • Recoñeceranse os 4 meses de prestación a prestación con efectos 01/06/2022 ata 30/09/2022
  • Presentación fóra do prazo:
    • Data entrada solicitude: 08/07/2022
    • Ós 4 meses de prestación que ten dereito réstanselle 7 días, que se corresponden coa data fin do prazo legal de presentación da solicitude e a data da súa presentación (do 01/07/2022 ó 07/07/2022). Polo tanto, abóase do 08/07/2022 ó 31/10/2022.

Contía

A contía da prestación será o 70% da base reguladora.

Para os supostos dos epígrafes 4º e 5º do artigo 331.1.a) e forza maior temporal parcial será do 50%.

Deberá terse en conta, agás para os supostos dos epígrafes 4º e 5º e a suspensión temporal parcial, que estas prestacións están suxeitas ós límites do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) no mesmo criterio que a prestación por desemprego.

A base reguladora da prestación económica por cesamento de actividade será o termo medio das bases polas que se estivera cotizando durante os doce meses continuados e inmediatamente anteriores á situación legal de cesamento.

No Réxime Especial dos Traballadores do Mar, a base reguladora calcularase sobre a totalidade da base de cotización por esta continxencia, sen aplicación dos coeficientes correctores de cotización e, ademais, os períodos de veda obrigatoria aprobados pola autoridade competente non se terán en conta para o cómputo do período de 12 meses continuados e inmediatamente anteriores á situación legal de cesamento de actividade, sempre e cando neses períodos de veda non se percibira a prestación por cesamento de actividade.

Cotización

A Mutua farase responsable do 100% da cotización dos traballadores autónomos mentres dure a situación de cesamento de actividade.

Excepción: nos epígrafes 4º e 5º do artigo 331.1.a) a Mutua aboará o 50% da cotización directamente ó traballador autónomo.

Suspensión

Poderase suspender polos seguintes motivos:

  • Durante o período que corresponda por imposición de sanción por infracción leve ou grave, nos termos establecidos no texto refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións na Orde Social.
  • Durante o cumprimento de condena que implique privación de liberdade.
  • Durante o período de realización dun traballo por conta propia ou por conta allea, agás nos supostos de cesamento de actividade previstos nos epígrafes 4º e 5º do artigo 331.1.a) ou de cesamento temporal parcial da actividade derivado de forza maior, que serán compatibles coa actividade que causa o cesamento, nos termos previstos no artigo 342.1 (a percepción da prestación económica por cesamento de actividade é incompatible co traballo por conta propia), e sen prexuízo da extinción do dereito á protección por cesamento de actividade no suposto establecido no artigo 341.1.c (por realización dun traballo por conta allea ou propia durante un tempo igual ou superior a doce meses, neste último caso sempre que xere dereito á protección por cesamento de actividade como traballador autónomo).

No suposto de suspensión, o traballador autónomo estará obrigado a solicitar a continuación unha vez finalizada a causa que motivou a suspensión

Extinción

Extinguirase polas seguintes causas:

  • Por esgotamento do prazo de duración da prestación.
  • Por imposición das sancións nos termos establecidos no texto refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións na Orde Social.
  • Por realización dun traballo por conta allea ou propia durante un tempo igual ou superior a doce meses, neste último caso sempre que xere dereito á protección por cesamento de actividade como traballador autónomo.
  • Por cumprimento da idade de xubilación ordinaria ou, no caso dos traballadores por conta propia encadrados no Réxime Especial dos Traballadores do Mar, idade de xubilación teórica, agás cando non se reúnan os requisitos para acceder á pensión de xubilación contributiva. Neste suposto, a prestación por cesamento de actividade extinguirase cando o traballador autónomo cumpra co resto de requisitos para acceder a dita pensión ou ben cando se esgote o prazo de duración da protección.
  • Por recoñecemento de pensión de xubilación ou de incapacidade permanente, sen prexuízo do establecido no artigo 342.1 (a percepción da prestación económica por cesamento de actividade é incompatible co traballo por conta propia).
  • Por traslado de residencia ó estranxeiro, agás nos casos que reglamentariamente se determinen.
  • Por renuncia voluntaria ó dereito.
  • Por falecemento do traballador autónomo.

¿Necesitas más información?

Ponte en contacta con tu centro asistencial de referencia:
Última actualización 31 Outubro 2023

¿Te ha parecido útil este artículo?

Sentimos que este contenido no te haya sido útil

Este formulario de comentarios es anónimo y no se proporcionará ninguna respuesta. Si su problema requiere una respuesta, utilice el enlace 'contactar con nosotros' a continuación.

Nos gustaría que nos ayudaras a mejorarlo. Indícanos cómo: