Tecnoloxía e innovación En Asepeyo miramos cara ao futuro. Con Asepeyo live, a nosa plataforma de transformación dixital, queremos mellorar a túa experiencia de usuario mediante a adaptación dos procesos e a conectividade.

Tecnoloxía e prevención

Facemos do teu ambiente laboral un lugar máis seguro

Última tecnoloxía en prevención

Simuladores de condución

Comproba o teu nivel de condución, a través dun simulador de alta inmersión. Ofrecémosche o máximo nivel de realidade. Poderás recrear todo tipo de situacións e avaliar as túas habilidades ao volante, sen correr ningún risco.

Realidade virtual

Experimenta situacións reais de riscos laborais: caídas en altura, accidentes eléctricos ou incendios. Coñece as súas consecuencias e cales son as medidas máis adecuadas para previlos.

Reprodución de ambientes acústicos

Experimenta as sensacións que provoca o ruído nos traballadores. Poderás analizar os seus efectos e aplicar as mellores medidas preventivas.

Tecnoloxía e sanidade

Somos máis eficaces no teu diagnóstico e no teu tratamento

Queremos ofrecer aos nosos traballadores protexidos un servizo innovador e punteiro no ámbito da medicina e da fisioterapia. Para iso, traballamos en proxectos de I+D+i e mantemos os nosos equipamentos á vangarda dos avances tecnolóxicos.

A continuación mostrámosche algúns exemplos prácticos:

Impresora 3D

Impulsamos o uso da impresión en 3D, no ámbito da traumatoloxía, cun programa de investigación médica. Esta tecnoloxía é un grande avance no tratamento das fracturas complexas (pelve e extremidades superiores).

As impresoras 3D reproducen, a escala natural, modelos de ósos de lesións graves. Isto facilita, ao equipo médico, a posibilidade de avaliar as estruturas óseas fracturadas antes da cirurxía e supón unha excelente ferramenta de formación. Ademais, o paciente obtén unha información máis detallada do tratamento que vai recibir.

O proceso de impresión iníciase coa captura da imaxe do elemento a reproducir, mediante un TAC. O software xera unha reconstrución tridimensional desta imaxe no ordenador. Posteriormente, a impresora 3D imprime unha peza que reproduce con todo detalle, e en tamaño real, a imaxe radiolóxica. É o modelo dos ósos que o equipo de cirurxiáns vai operar.

Ata este momento, empregamos a impresión 3D para a planificación e resolución cirúrxica de fracturas complexas. E, nalgunhas cirurxías, esterilizouse a peza impresa en 3D para axudar a moldear o material que fixa as fracturas (cravos, parafusos ou placas) e facilitar, así, a súa correcta colocación.

Cinta antigravitatoria Alter-G

Poñemos a última tecnoloxía aeroespacial ao servizo da túa rehabilitación. A cinta antigravitatoria permite reducir o peso corporal do paciente, ata nun 80%, regulando a porcentaxe de gravidade, en función da lesión e do tipo. Desta forma, redúcese o peso corporal e o paciente experimenta unha sensación de flotabilidade.

A cinta antigravitatoria favorece a aplicación de técnicas de fisioterapia de forma precoz en patoloxías moi prevalentes na Mutua. Os pacientes con lesión de extremidade inferior melloran a calidade do tratamento, acurtando o tempo de recuperación e reducindo o tempo de baixa.

Telemedicina

A consulta virtual desde os centros asistenciais cos nosos especialistas, a través de audio e vídeo, é unha realidade. Podemos interactuar co paciente, observar as súas lesións e, a través do médico do centro asistencial, realizar unha exploración física.

Coa aplicación desta tecnoloxía disporás dos mellores facultativos esteas onde esteas, cunha optimización dos tempos entre consultas e dos teus desprazamentos.

Apps y oficina virtual

Con nós, esteas onde esteas

Desde calquera punto e desde calquera dispositivo, sempre estamos contigo. Con Asepeyo live estamos dispoñibles as 24 horas, os 365 días do ano.

Deseguido mostrámosche algúns exemplos:

Asepeyo Oficina Virtual

Se es empresa ou asesor laboral
Realiza, facilmente, os teus trámites habituais. Cubre partes de accidente de traballo ou informa da asistencia sanitaria dun traballador nos nosos centros.

Se es traballador protexido
Consulta os teus datos, accede aos teus informes médicos ou comproba os teus recibos, mentres estás de baixa.

¿Inda non tes acceso á oficina virtual?

Se es traballador e dispós de DNI electrónico, podes facelo directamente.
Se non, podes pedir acceso no centro asistencial que teñas máis preto ou cubrir:

Solicitude de acceso 

App Mi Asepeyo

Se es un traballador dunha empresa mutualista de Asepeyo, podes xestionar a túa relación coa Mutua desde o teu smartphone. Algunhas das súas funcionalidades máis sobresaíntes son o acceso a informes sanitarios, de ata 5 anos de antigüidade, e o acceso á túa axenda médica. Tamén podes personalizar as alertas de citacións médicas e acceder ao seguimento do teu tratamento de rehabilitación.

Descarga aquí a app:

Análise Dinámica de Datos

As empresas cun número elevado de traballadores precisan un sistema de xestión da súa sinistralidade e absentismo. Se pertences a un departamento de RRHH ou Prevención, e a túa empresa é mutualista de Asepeyo, con esta app de Business Intelligence podes realizar, en tempo real, o diagnóstico da saúde da túa empresa. Tamén podes interactuar, directamente, co informe corporativo de empresas e agrupar os datos que precises, para axilizar a toma de decisións.

Novas infraestruturas

Melloramos a túa experiencia de usuario

Cartelería Dixital

Queremos manterte sempre informado. Terás acceso á nosa información máis destacada, desde os nosos hospitais e en todos os nosos centros asistenciais.

Wifi

En todas as nosas instalacións disporás de Internet, a través da wifi corporativa. Só terás que rexistrarte unha vez e o teu acceso servirache para calquera centro. Todo de forma automática e segura.

Sinatura biométrica mediante tableta dixital

Queremos relacionarnos contigo de forma práctica e sinxela, abandonando o uso do papel. Os nosos departamentos de admisión realizarán todas as túas xestións, coa axuda do noso sistema corporativo de sinatura biométrica.

O noso modelo dixital Asepeyo live

Asepeyo live é o noso modelo de transformación dixital co que propoñemos unha nova maneira de prestar os servizos da Mutua. Temos en marcha máis de 40 proxectos de dixitalización, nos que o cliente é o protagonista. Con nós poderás vivir a nosa transformación en primeira persoa.