Prestacións complementarias

Promovemos axudas sociais para traballadores accidentados e familiares.

¿Qué son las prestaciones complementarias?

Son prestacións independentes das que se inclúen no sistema de Seguridade Social, inda que as complementan. A súa finalidade é cubrir economicamente situacións de necesidade ou estados especiais que xurdiron aos traballadores ou a aqueles que reciben os seus dereitos (persoas que teñen dereitos legais respecto do accidentado, polo xeral por motivos hereditarios), como consecuencia dun accidente de traballo ou enfermidade profesional.

Estas prestacións recoñécense a través dunha comisión na que interveñen, a partes iguais, representantes dos traballadores e das empresas, e denomínase Comisión de Prestacións Especiais.

A normativa que as regula é a Resolución de 28 de outubro de 2019 da Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social, pola que se establece o réxime de aplicación das prestacións complementarias do art. 96.1 b) do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.

¿Quen pode solicitalas e cales son os requisitos?

  • Traballadores accidentados ou afectados por unha enfermidade profesional
  • Aqueles que reciben os dereitos dos traballadores

Os requisitos para acceder a estas prestacións son:

  • Só se pode recoñecer unha única axuda por accidente ou enfermidade profesional
  • Non superar determinado límite de ingresos da unidade de convivencia do accidentado

¿Que axudas podes solicitar?

Rehabilitación e recuperación:

  • Axuda para custear o ingreso nun centro socio-sanitario ou residencial
  • Axuda para custear os gastos vinculados ao ingreso dun traballador nun centro hospitalario
  • Axuda para próteses e axudas técnicas non incluídas na Seguridade Social
  • Axuda para tratamentos médicos ou terapias non incluídos na Seguridade Social

Reorientación profesional e adaptación do posto de traballo:

  • Cursos para a formación profesional e inserción socio laboral
  • Adaptación do local onde o traballador autónomo desenvolve a súa actividade

Axuda para a adaptación dos medios esenciais para o desenvolvemento das actividades básicas da vida diaria:

  • Axuda para a eliminación de barreiras na vivenda habitual
  • Axuda para a adquisición de vivenda habitual adaptada
  • Axuda para a adaptación do vehículo
  • Apoio domiciliario para o desenvolvemento das actividades básicas da vida diaria
  • Axuda para o acceso ás novas tecnoloxías da información e comunicación

Outras prestacións:

  • Complemento ao auxilio por defunción
  • Axuda para a formación no coidado de persoas en situación de grande invalidez
  • Axuda para o mantemento da posesión ou gozo da vivenda habitual

¿Como podo solicitar unha axuda social?

Debes presentar a solicitude de axuda social e a documentación necesaria, en calquera centro da nosa rede asistencial.  No departamento de Asistencia Social valoramos cada solicitude e tramitámola á Comisión de Prestacións Especiais, que emitirá unha resolución o antes posible.

Comisión de Prestacións Especiais de Asepeyo