Garantimos a túa tranquilidade

Garantimos a asistencia sanitaria dos traballadores, a prestación económica e o seguimento do seu proceso médico até a súa reincorporación laboral.

Axudamos a axilizar os trámites das prestacións por accidente de traballo, enfermidade profesional, enfermidade común e outras prestacións:

Os beneficiarios destas prestacións son os traballadores de empresas mutualistas e os autónomos.  

A xestión non supón ningún custo adicional para a empresa e lévase a cabo cos nosos servizos médicos para garantir a melloría do traballador, o seguimento do proceso médico e a reincorporación laboral.

Prestacións complementarias

Son axudas económicas que recoñece a Comisión de Prestacións Especiais de Asepeyo. A súa finalidade é cubrir situacións ou estados de especial necesidade dos traballadores, ou das persoas que reciben o dereito, como consecuencia dun accidente de traballo ou unha enfermidade profesional.

Estas prestacións son independentes das que se inclúen no sistema da Seguridade Social e fináncianse coas reservas de asistencia social da mutua.

Tipos de prestacións

Que prestacións económicas cubrimos?

Accidente de traballo e enfermidade profesional

Se sofres un accidente de traballo ou unha enfermidade profesional que che impida seguir traballando, cubriremos a falta de salario coa prestación económica por incapacidade temporal.

Incapacidade temporal por continxencias comúns

Se tes cuberta a incapacidade temporal por continxencias comúns, en caso de enfermidade común encargámonos da xestión da túa baixa por enfermidade e do seguimento médico desde o primeiro día.

Morte e supervivencia

Compensamos as situacións de necesidade de familiares ao seu cargo ante a morte e supervivencia dun traballador.

Baixa por risco durante o embarazo e a lactación natural

Protexemos as traballadoras durante o embarazo e a lactación e encargámonos do pagamento do subsidio cando o posto de traballo lles poida afectar á saúde.

Cesamento da actividade de autónomos

O chamado paro para autónomos protexe os traballadores que cesaron totalmente a súa actividade, ben con carácter definitivo ben temporal segundo o motivo que alegasen. 

Coidado de menores con cancro ou enfermidades graves

Esta prestación está destinada aos traballadores e autónomos a cargo dun menor afectado polo cancro ou por algunha das enfermidades graves, recollidas no regulamento. Outorgaráselles sempre que precisen reducir a súa xornada de traballo nun mínimo dun 50 %.

Asepeyo Oficina Virtual

Os teus trámites máis áxiles

Realiza todas as túas xestións directamente desde a nosa plataforma.

Contacto

Estamos preto de ti

Servizo de pacientes e persoas usuarias
910 504 390

De luns a venres, das 8 ás 20 horas

Urxencias 24 horas

900 151 000

Asistencia no estranxeiro

 +34 937 057 540

Ponte en contacto con nós a través do nosso formulario, solicitando cita previa de forma presencial ou por email no teu centro asistencial de referencia.

Mi Asepeyo

Os teus trámites máis fáciles coa aplicación.

Rede asistencial

Atopa o teu centro Asepeyo máis próximo.

Preguntas frecuentes

En que che podemos axudar?