Estrutura organizativa
Está formada polos órganos de goberno, de participación e consultivos, a dirección xeral, as subdireccións xerais, as direccións funcionais e a organización territorial.
Consulta a estrutura organizativa de Asepeyo aquí.
Normas de xestión
Normativa de Seguridade Social
- Real Decreto Lexislativo 8/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social
- Real Decreto 1993/1995, de 7 de decembro, polo que se aproba o regulamento sobre colaboración das mutuas
- Real Decreto 1630/2011, de 14 de novembro, polo que se regula a prestación de servizos sanitarios e de recuperación polas mutuas
Normativa de contratación
- Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público
Normativa orzamentaria
- Lei 47/2003, de 26 de novembro, Xeral Orzamentaria
Normativa de transparencia
- Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno
Normativa interna
Normativa para provedores
Para calquera asunto relacionado coa normativa para provedores, ou se queres poñer de manifesto algunha conduta contraria ao indicado nos documentos sinalados, podes facer a túa consulta ao email comitecumplimiento@asepeyo.com.
Perfil profesional e traxectoria do director xerente
Vicente Aparicio Mulet Nacido o 14-12-1952. Natural de Anna (Valencia)
Formación e experiencia profesional
Retribucións de altos cargos
Órganos de goberno e participación
Os membros dos órganos de goberno e participación da Mutua, así como os seus representantes, non perciben ningún tipo de retribución. Si que poden percibir compensacións pola súa asistencia a reunións (Orde TIN/246/2010, de 4 de febreiro, para as reunións da Xunta Directiva e a Comisión de Prestacións Especiais e Orde de 2 de agosto de 1995, do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, para as reunións da Comisión de Control e Seguimento). Para o ano 2019 son de aplicación os seguintes importes:
- Xunta Directiva: 856,53 €
- Comisión de Prestacións Especiais: 712,05 €.
- Comisión de Control e Seguimento: 533,31 €.
Director xerente e subdirectores xerais
O importe das retribucións do director xerente e dos subdirectores xerais regúlase no artigo 88.4 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, que se remite aos límites máximos fixados polo Real Decreto 451/2012, de 5 de marzo, e á clasificación aprobada por Orde comunicada de 2 de xaneiro de 2015. Para o ano 2018 os conceptos retributivos son:
Director xerente
- Retribución básica: 108.617,85 €.
- Complemento de posto: 65.170,71 €.
- Retribución variable: 43.447,14 €.
Subdirectores xerais
- Retribución básica: De 82.600 a 82.800 euros.
- Complemento do posto: De 49.500 a 49.700 euros.
- Complemento variable: De 33.000 a 33.100 euros.
As diferenzas retributivas débense á aplicación, ata o exercicio 2018 do previsto na disposición transitoria sexta da Lei 35/2014, de 26 de decembro.
Información económica
Normativa de Seguridade Social
Informe anual e memoria de sostibilidade
Memorias dos hospitais de Asepeyo en 2018
Hospital Barcelona
Hospital Madrid
Hospital Sevilla
Contratos
Os perfís de contratante dos órganos de contratación do sector público estatal deben integrarse na Plataforma de Contratación do Sector Público, e xestiónanse e difúndense a través desta (segundo o art. 334 do RD polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público).
Para máis información sobre este tema, accede ao apartado ‘Perfil do contratante-licitacións’.
Datos de contratación de 2018
De seguido, detallámosche os contratos adxudicados a través de cada un dos distintos procedementos previstos na lexislación sobre contratos do sector público
Nº de contratos | % sobre o total | Importe Adxudicado (€) | % sobre o total | |
---|---|---|---|---|
Abertos+Publicidade+Menores con Publicidade | 226 | 13,26% | 25.529.483,58 | 62,97% |
Contrato menor + Orzamento | 1455 | 85,34% | 14.182.149,39 | 34,98% |
Adxudicación Directa + PNSP | 13 | 0,76% | 724.859,29 | 1,79% |
Excluídos da LCSP | 11 | 0,65% | 103.907,04 | 0,26% |
Total | 1705 | 100% | 40.540.399,30 | 100,00% |
Perfil do contratante – Licitacións
De conformidade co establecido no art. 334 do RD polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, os perfís de contratante dos órganos de contratación do sector público estatal deberán integrarse na Plataforma de Contratación do Sector Público, xestionándose e difundíndose exclusivamente a través da mesma. Nas sedes electrónicas destes órganos incluirase unha ligazón ao perfil do contratante situado na Plataforma de Contratación do Sector Público.
Por este motivo, o perfil de contratante de Asepeyo incorporouse na Plataforma de Contratación do Sector Público. Toda a información asociada aos procedementos de adxudicación dos contratos da Mutua será difundida mediante a mencionada Plataforma de acordo co previsto no TRLCSP.
Acceso ao perfil do contratante – Subdirección xeral de xestión.
Acceso ao perfil do contratante – Subdirección xeral de medios.
Acceso ao perfil do contratante – Subdirección xeral económica.
Acceso ao perfil do contratante – Subdirección xeral de territorios.
Outra información
Se queres consultar os informes de exercicios anteriores, accede a:
Para máis información: