¿Que prestacións económicas cubre Asepeyo?
Pagamos as prestacións económicas en caso de:
- Accidente de traballo e enfermidade profesional.
- Incapacidade temporal derivada de continxencias comúns.
- Risco durante a gravidez e durante a lactación natural.
- Coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave.
- Paro (só para traballadores autónomos).
Accidente de traballo e enfermidade profesional
Xestionamos a tramitación e o pagamento das prestacións económicas aos traballadores, de acordo coa lexislación vixente, e ampliamos os beneficios sociais que a empresa mutualista ofrece aos seus traballadores, mediante o Servizo de Asistencia Social.
Dentro da cobertura de accidentes de traballo e enfermidades laborais, asumimos o pagamento das seguintes prestacións:
Durante a baixa médica
A partir do día seguinte á baixa médica, Asepeyo faise cargo do abono do 75% da base reguladora.
Tamén asumimos os gastos de medicación e os ocasionados polo desprazamento e aloxamento necesarios para recibir tratamento, sempre baixo a supervisión do servizo médico, que determina os medios de transporte máis adecuados en cada momento do proceso.
Se a baixa chega a 12 meses, faise necesaria a resolución expresa do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) para que conceda unha prórroga de 6 meses e poder proseguir co proceso de baixa.
Incapacidades tras a baixa médica (previa resolución do INSS)
Lesións permanentes non invalidantes
Cando o traballador presenta lesións que, sen que constitúan incapacidade permanente, representen unha diminución da integridade, recoñéceselle un pagamento único, recollido no baremo legal vixente.
Incapacidade permanente parcial
Cando o traballador presente secuelas que ocasionen unha diminución no rendemento normal para a súa profesión habitual en máis do 33% (ou 50% para os autónomos), recoñéceselle unha indemnización en pagamento único equivalente a 24 mensualidades da base reguladora.
Incapacidade permanente total
Cando o traballador queda imposibilitado para exercer a súa profesión habitual, pero poida adicarse a outra, recoñéceselle unha pensión vitalicia do 55% da base reguladora anual ou do 75% no caso dos maiores de 55 anos desocupados.
Incapacidade permanente absoluta
Cando non existe posibilidade de traballar en ningunha ocupación remunerada, a pensión recoñecida é do 100% da base reguladora.
Grande invalidez
O traballador ten dereito a unha pensión vitalicia, conforme ao grao que lle corresponda, incrementada cun complemento destinado a que o afectado poida remunerar á persoa que lle atende nos actos esenciais da súa vida. O importe do incremento, neste caso, é a suma do 45% da base mínima de cotización vixente no momento do accidente e do 30% da última base de cotización por continxencia profesional do traballador.
Morte e supervivencia
Defunción do traballador
Asepeyo abona o auxilio por gastos de enterro e unha indemnización a tanto alzado (un único pagamento). Ademais, a Comisión de Prestacións Especiais outorga unha axuda como complemento desta prestación. Para máis información visita a sección acción social.
Viuvez
O importe da pensión é do 52% da base reguladora (excepto cando a pensión é a única ou principal fonte de ingresos do pensionista).
Orfandade
A pensión recoñecida é do 20%.
Tamén están previstas indemnizacións aos familiares directos (pais, irmáns, etc.) que convivisen co traballador e estivesen ao cargo. Se existen diversos beneficiarios pensionistas, as cantidades aquí expresadas poden verse modificadas á baixa.
Enfermidade común e accidente non laboral
Traballadores por conta allea (Réxime xeral)
- En caso de baixa por enfermidade común ou accidente non laboral, do 4º ao 20º día abónase o 60% da base reguladora (base de cotización de continxencias comúns do mes anterior á data de baixa médica). Do 4º ao 15º día a prestación vai a cargo da empresa e a partir do 16º día asúmea Asepeyo.
- Do 21º día en adiante, 75% da base reguladora
Se un traballador é baixa de empresa, mentres está de baixa médica, seguirá cobrando mentres dure a baixa, aínda que a cantidade adecuarase ao que deba cobrar no paro e este irase consumindo.
Traballadores autónomos e agrarios por conta propia (Réxime especial)
- Do 4º ao 20º día de baixa médica a prestación é do 60% da base reguladora do autónomo (base de cotización mensual dividido entre 30).
- A partir do día 21º de baixa médica a cantidade será o 75% da base reguladora.
Outros subsidios
Risco durante a gravidez
Cando unha muller grávida ocupe un poso de traballo que represente un risco para a súa saúde ou a do feto e non se poida adaptar o posto ou cambiar de posto á traballadora, Asepeyo protexe ás traballadoras e faise cargo directamente do pagamento do subsidio e que é do 100% da base reguladora).
Risco durante a lactación natural
Cando o posto de traballo poida afectar á saúde da muller ou do lactante, durante o período de lactación, e ata os nove meses de idade do lactante, Asepeyo faise cargo do subsidio (100% da base reguladora).
Coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave
Esta prestación vai destinada aos traballadores e autónomos a cargo dun menor afectado de cancro ou por algunha das enfermidades graves determinadas polo regulamento. Sempre que precisen reducir a súa xornada de traballo mínimo nun 50%.
Paro (só para traballadores autónomos)
O cesamento de actividade dos traballadores autónomos é un sistema específico de protección para autónomos que cesaron totalmente a súa actividade, con carácter definitivo segundo o motivo alegado. * As prestacións/subsidios a percibir estarán suxeitos á cobertura contratada en Tesourería.
Outras axudas económicas
Promovemos axudas sociais para traballadores accidentados e familiares. Son axudas económicas que pode solicitar o traballador ante unha situación de necesidade, como consecuencia dun accidente laboral ou dunha enfermidade profesional.
Fináncianse a través do orzamento aprobado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social e teñen cargo á reserva de asistencia social xerada pola Mutua.
Visita o noso apartado de axudas sociais.